Residencia y Centro de día de Boimorto

Residencia y Centro de día de Boimorto

(0)
Valora este centro
Índice Calidad
5,75
/ 10
?
Calle Gándara 73 , Boimorto , A Coruña
981 51 62 10
24
30
Web
Descripción general

Residencia y Centro de día de Boimorto

La Residencia y Centro de día de Boimorto está ubicada en Calle Gándara 73, de Boimorto , A Coruña, y cuenta con un total de 24 plazas residenciales y 30 plazas de Centro de día.

O centro conta cun total de 14 dormitorios dos cales 4 son individuais e 1 está pensado
para dedicalo a enfermería. As habitacións son amplas e contan cun baño adaptado en cada unha.

Todas as plantas do edificio contan con acceso directo ao exterior. Na planta baixa o acceso faise pola fachada principal e a través da recepción/control, onde haberá unha persoa durante todo o día para controlar os accesos e saídas ao edificio.
Na planta superior o acceso soluciónase de dous xeitos, mediante unhas escaleiras que dan á terraza da fachada leste do edificio e mediante o xardín da parte traseira.
O acceso ao soto realízase a través dun portalón que dá acceso ao aparcadoiro cuberto do edificio.

Os servizos que prestará o centro dentro do prezo por praza son os seguintes:

  • Aloxamento ( o centro dispón de habitacións individuais e dobres, cun baño por
    habitación xa sexa individual ou dobre; as habitacións gozarán dun mobiliario
    básico formado por cama/s, armario/s, mesiña/s, cadeira/s).
  • Manutención (inclúe o servizo de almorzo, comida, merenda e cea. Este servizo
    inclúe o control dietético e calórico do residente, así como a elaboración de dietas
    especiais en función das características do mesmo).
  • Servizo de lavandería.
  • Servizo médico as 24 horas ( non presencial).
  • Enfermería 24 horas ( presencial) con servizo de farmacia.
  • Fisioterapia ( rehabilitación e tratamento).
  • Asistencia social.
  • Terapia ocupacional (animación sociocultural, unidade de memoria,
    xerontoximnasia, actividades lúdicas, recreativas e de ocio, biblioteca e sala de
    prensa, programas de psicomotricidade).
  • Ximnasio completo.
  • Transporte en vehículos adaptados.
  • Visitas de familiares reguladas en franxa horaria.

Prestaranse como servizos complementarios aos servizos básicos do centro, os cales
terán unha tarifa por utilización de cada un deles:

  • Podoloxía
  • Perruquería
  • Servizo relixioso
  • Servizo taxi
Certificaciones
Mapa & Direcciones
Valoraciones

Loading